Friday 03 de May de 2024

Laxe premia ás mellores dedicatorias de amor do IV Certame “Dillo ben bonito: O amor prémiase en Laxe”


• ‘Estrellas’, ‘Bótoche de menos’ e ‘O amor non é sempre rosa, vai cambiando de cor’ integraron o podio entre as 14 propostas presentadas.

• En total recibíronse un total de 1.007 votos a través das dúas canles habilitadas.

O Concello de Laxe publicou a relación de gañadores da cuarta edición do certame “Dillo ben bonito: O amor prémiase en Laxe”.

A presente edición do concurso contou cun total de catorce dedicatorias presentadas as cales se repartiron os 1.007 votos recibidos a través das dúas canles habilitadas; a través da páxina de Facebook do Concello ou mediante NovasLaxe.

Deste xeito, premiáronse un total de oito propostas, das cales ‘Estrellas’, con 251 votos, ‘Bótoche de menos’, con 219, e ‘O amor non é sempre rosa vai cambiando de cor’, con con 164, integraron o podio.

As persoas agraciadas foron premiadas con unha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas en establecementos do municipio.

Relación de persoas e obras premiadas:

Posto Votos totais Aloxamento asignado Título da dedicatoria Pseudónimo
1 251 CABANAS NA AREA ESTRELLAS FIAMA
2 219 HOTEL O NÁUTICO DE LAXE BÓTOCHE DE MENOS PÉTALOS NO MAR
3 164 HOTEL RÚSTICO DA TORRE O AMOR NON É SEMPRE ROSA, VAI

CAMBIANDO DE COR

MAR EN CALMA
4 143 CASA RURAL DE ARRUEIRO CON FORZA ALLERTOU
5 52 HOTEL PRAIA DE LAXE UN NOVO ESPERTAR XESTA MOURA
6 36 HOTEL MAR DE LAXE Os amantes escondidos LIL LOU
7 35 APARTAMENTO TURÍSTICO OS BATÁNS EUCALIPTO FISIOQUEEN
8 24 HOSPEDAXE RESIDENCIA BAHÍA AMOR MÚSICA